Instrucións para publicar no blogue EixoTIC
Durante a túa estancia, publica como mínimo dous artigos, un relacionado co teu traballo na empresa e outro coa experiencia na cidade, turismo, recomendacións, etc.
Debes demostrar que estiveches alí, polo tanto tes que saír nalgunha das fotografías. Podes facer unha na que se che vexa a ti xunto ao logotipo da empresa, na entrada, por exemplo.
Para crear artigos tes que iniciar sesión en eixotic.iessanclemente.net/adminwpress usando o teu nome de usuario e contrasinal do dominio iessanclemente, pero sen escribir @iessanclemente.net. Se es estudante doutra escola e non tes conta, avisa a erasmus@iessanclemente.net para que che creen unha.
A continuación:
- Clica en Novo artigo.
- Escribe o título e o texto do post. Opcional: algunha imaxe polo medio.
- Escolle a categoría entre as existentes.
- NON escollas etiquetas.
- Imprescindible cargar unha imaxe destacada.
Se non podes facer algún dos pasos anteriores por falta de permisos, avisa.
.
Instrucións para realizar o test e o curso OLS
Tiveches que crear unha conta EU login para facer o CV Europass. Agora podes usar a mesma conta para entrar en OLS. Alí tes que facer un test online de lingua estranxeira, segundo o país de destino:
Test Português – Test English – Todos os idiomas
Non fagas trampa, é importante que o resultado reflicta os teus coñecementos.
Envía captura do resultado a erasmus@iessanclemente.net ou o diploma que podes descargar en PDF. Tamén dilles se queres facer o curso online de lingua estranxeira ou non.
Nese caso, tes que xuntarte a esta comunidade e unha vez dentro, na parte de abaixo, busca o idioma desexado e entra nesa segunda comunidade, por exemplo, esta é a de português.