Bos días a tódolos que están a ler esta publicación. Nesta última parte da miña aventura non existiron tantas boas novas coma si ocorrera o principio. Esto veu dado, principalmente, pola miña desorganización co proxecto. Esto quitoume bastante tempo de lecer por Lisboa e quizais non poiden facer todo o que quería.
Con todo o malo dito, neste post vou tentar facer unha guía resumo para os estudantes que teñan pensado facer un Erasmus en Lisboa e non sepan como.
O primeiro que quero solucionar é a dúbida de cando facer as prácticas. Isto vai depender de moitos factores. Por exemplo, se eres unha persona organizada, podes optar por facer as prácticas curriculares do propio ciclo. Pola contra, se eres un pouco desorganizado eu optaría por unha prácticas extracurriculares após o remate do proxecto e a obtención do teu título. En caso de que non esteas seguro de se vas poder compaxinar a vida do estudante de Erasmus, que lle gusta a troula, co traballo e co proxecto. Eu optaría por unhas extracurriculares que vas estar máis tranquilo e non terás a presión de facer o proxecto e atender o traballo mentres que disfrutas dos viaxes e demais que poidan aparecer.
O segundo tema que me gustaría tratar é falar da vida en Lisboa e como socializar. Neste caso, eu recomendo buscar un aloxamento de estudantes (esta públicación non vamos a tratar como conseguilo, para eso recoméndovos a seguinte guía). Neste caso tedes que ir cunha mentalidade aberta posto que vos ides atopar xente de moitos países que poden non ter as mismas concepcións da sociedade que vos. Ademais disto eu recomendo a utilización de tarxetas de estudantes Erasmus como a esta. Con esta tarxeta podes obter descontos en certos establecementos e organizan viaxes con outros estudantes. Recoméndovos ler toda a páxina web é observar se vos sae rentable. Se vos animades a saír sos de festa andade con ollo posto que Barrio Alto está cheo de xente polas noites pero eso tamén pode traer problemas. Ainda así, se vos animades hai unha esquina onde se suelen reunir todos os estudantes de Erasmus e podedes coñecer xente de distintos lugares de Europa.
Por último, gustaríame recomendarvos esta experiencia. Sei que quizais a dúbida máis grande que teredes será se vos poderedes adaptar a estar lonxe da casa, ou quizais non, e se poderedes estar ben nunha cidade tan grande, en comparación coas galegas. Eu o que vos podo dicir é que probablemente si. Somos persoas adultas é saír de vez en cando da zona de confort axuda a evolucionar e gañar puntos de vista doutras persoas que antes non coñecías. Con Erasmus consigues ver que as persoas de outros países son iguais que vos. Si pode ser que en certas cousas non coincidades pero ves que non son extraños, simplemente son persoas con outras inquietudes distintas das que podemos ter nos. Así que como conclusión decirvos que ante todo sexades de mente aberta e moi respetuosos que todos somos persoas e cas linguas entendemonos. Foi un pracer e espero que esta guía non tan guía axude a alguén.
Moitas grazas por tódolos teus consellos e noraboa pola túa titulación.
Moitas grazas por tódolos teus consellos e noraboa pola túa titulación.
Moitas grazas polo consellos, son moi útiles para os compañeiros que queiran ir de erasmus no futuro
Moitas grazas polo consellos, son moi útiles para os compañeiros que queiran ir de erasmus no futuro