Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

Posted on 10 Maio, 2024 By carlos.doval 2 comentarios en Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

Nos días 22 a 26 de abril visitei a Escola Secundaria Augusto Gomes, situada na cidade de Matosinhos.  

O principal obxectivo da visita foi realizar unha aprendizaxe por observación das dinámicas empregadas na escola así como establecer un contacto inicial para colaborar no marco dos proxectos Erasmus+ entre as dúas escolas.

A escola

Aínda que a escola ten xa máis de 50 anos, o edificio foi renovado practicamente por completo hai 12 anos, ofrecendo unhas das instalacións escolares máis modernas da cidade.

A escola está composta por unha serie de módulos distribuídos da seguinte maneira:

  • Área de alumnos: tres bloques con aulas, laboratorios, polideportivo, salón de actos, etc.
  • Área de profesorado: sala de profesores, despachos e aula de reunións.
  • Área de administración
  • Area de dirección
  • Área de servizos:  biblioteca, tenda de reprografía e cantina.

Na súa oferta formativa se atopan o ensino básico e secundario, equivalente á nosa ESO e Bacharelato, cursos profesionais (en xestión e programación de sistemas informáticos en comercio e en turismo) e cualificación de adultos, chegando a case 1.500 alumnos entre todos os cursos.

A visita

Primeiro día

O primeiro dia de visita comezou cunha recepción e reunión coa equipa directiva do centro. A directora Drª Margarida Pereira, xunto cos resto da equipa directiva formada polas Dras Helena Captivo, Isabel Duarte e Sandra Gomes, foron as encargadas de recibirme e explicarme a historia e as actividades da escola.

Despois dunha visita polas instalacións tiven a oportunidade de asistir á presentación das Probas de Aptitude Profesional dos alumnos do último ano do curso profesional de informática. Estas probas consistían en proxectos elaborados no último curso para desenvolver páxinas web, aplicacións web ou incluso videoxogos, empregando linguaxes como HTML, PHP, Java Script, Unity ou Unreal Engine.

Entre estes proxectos foi destacado, tanto polo seu nivel de desenvolvemento como pola súa aplicación real e comercial, un proxecto de seguimento dos autobuses urbanos para coñecer os tempos de espera nas paradas e de viaxe.

Segundo día

O segundo día centrei a visita nas aulas de informática.

Na primeira aula visitada, os alumnos do 12º ano (2º Bacharelato) estaban a realizar un proxecto de edición de vídeo, fotografía e animación. Cada parella de alumnos escollía un tema e realizaba unha busca de información previa para poder elaborar un guión do que sería o proceso de elaboración do produto final. Como dato de interese, todos alumnos contaban cun ordenador portátil xa que a escola facía o préstamo dun ordenador para todo o curso a cada alumno.

Na segunda aula visitada os alumnos estaban a aprender Adobe Ilustrator e Photoshop. Para iso, ademais do seu profesor, os alumnos contaban cun experto invitado que explicaba de forma práctica o funcionamento destes programas. A clase era completamente práctica, e entre o profesor e o experto supervisaban o traballo dos alumnos, o cal consistía no deseño de súper heroes empregando distintas técnicas de edición de imaxe.

Para rematar a visita tiven a oportunidade de falar con dúas alumnas do mestrado de profesorado, as cales me explicaron como funciona o sistema de acceso á profesión docente en Portugal. Aínda que con algunha diferencia respecto ao noso sistema, en Portugal os estudantes universitarios poden escoller nas súas carreiras a especialización docente, na cal teñen que realizar unhas prácticas en escolas durante case un curso académico, asistir a seminarios e realizar unha tese de mestrado para obter finalmente a habilitación docente.

Terceiro día

No terceiro día visitei as aulas de español cos alumnos máis novos e conversamos un pouco sobre a cultura e gastronomía galega e española. Entre todos eliximos a tortilla de pataca como prato máis representativo da gastronomía española e os aprenderon algúns consellos para cociñala. O debate se debía levar cebola ou non quedou sen resposta clara, como adoita ser habitual.

Aproveitando a conmemoración do 50 aniversario do 25 de abril en Portugal, os alumnos realizaron unha obra de teatro representando os feitos máis importantes que levaron á Portugal á revolución dos caraveis. Xunto con esta homenaxe, ademais dos centros de  caraveis que decoraban a escola, os alumnos cantaron e recitaron poemas para celebrar a restauración da democracia.

Xa na tarde, fun invitado a participar no obradoiro “De deuses e heróis” con profesores e alumnos, no que falamos da lingua galega. Comparamos as semellanzas e diferencias entre o galego e o portugués, falamos un pouco da súa historia e do seu estado actual, e concluímos que a comunicación entre as nosas dúas linguas era case perfecta sen termos que facer grandes esforzos.

Cuarto día

O cuarto día coincidiu co 25 de abril, día feriado en Portugal pola conmemoración da revolución dos caraveis. Nesta ocasión celebrábase o 50 aniversario da chegada da democracia e como non podía ser doutra forma, a cidade estaba completamente adornada con caraveis vermellos, bandeiras portuguesas e actos festivos na maioría das prazas.

Quinto día

Xa no último día de visita aproveitei para visitar unha aula práctica de bioloxía. Nela os alumnos realizaron un experimento de simulación de lava a distintas temperaturas, medindo viscosidade e velocidade das lavas e realizaron un informe coa análise dos resultados que enviaron ao profesor a través da aula virtual.

Tamén puiden ver a biblioteca en funcionamento, cunha actividade de dinamización na que os alumnos do último ano explican acontecementos históricos do 25 de abril aos alumnos de cursos máis baixos. Ademais destas actividades a biblioteca realiza outras actividades durante o curso como os desafíos científicos nos recreos, actividades de voluntariado, conmemoracións ou lectura de contos aos pequenos.

Para finalizar a visita fixemos unha comida de despedida nunha marisqueira con parte da equipa directiva.

Reflexión final

Como conclusión só podo dicir que esta experiencia foi excelente e moi produtiva. Tanto o trato recibido como a oportunidade de compartir experiencias entre as dúas escolas permitiu establecer un punto de contacto e de colaboración co país veciño para futuras mobilidades nos proxectos europeos.  

Por último, agradecer a amabilidade dos profesores da escola e en especial da Drª Margarida e Drª Sandra polo tempo dedicado e as explicacións a todas as miñas preguntas e dúbidas.

Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Primeras Impresiones de Pescara Italia
Next Post: Bologna, a cidade vermella

More Related Articles

Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1) Job Shadowing
Estadía en Vantaa Vocational College Varia Job Shadowing
Ate Já Porto! Job Shadowing
¿Cómo ir a otro país a trabajar? Mi experiencia en Irlanda e Inglaterra como programador Job Shadowing
Visita a la sede de Software One en Leipzig Job Shadowing
Estadía na empresa Gompute en Gotemburgo Job Shadowing

Comments (2) on “Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos”

  1. Eva Pereira Loira di:
    15 Maio, 2024 ás 18:34

    Unha estadía moi produtiva neste novo centro colaborador noso, que nos permite acercarnos un pouco máis grazas a ese intercambio de información e ideas. Que sorte tamén poder compartir con eles esa data tan especial!

    Responder
  2. Marcos Arias Quintela di:
    21 Maio, 2024 ás 10:03

    Seguro que tiras te bastante proveito da viaxe para aprender e ter contacto con outras realidades educativas. Parabéns.

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme