O noso grupo (Adrián, Yeray, Abel e Pablo), alumnos de 1º ano de Sistemas Microinformáticos e Redes. Estivemos 10 días en Matosinhos, durante os cales estudamos no Instituto Augusto Gomes, onde fomos moi ben recibidos polo alumnado de español do colexio, sobre todo pola profesora Sandra que nos fixo un pequeno agasallo ao final da nosa estancia. Eses días visitamos moitos lugares como Porto, Trindade, Bolhão, etc… Probamos comidas típicas da zona, ademais de coñecer como funcionan as clases alí. Tamén visitamos o mosteiro de Leça do balio, e unha empresa da zona chamada JANS dedicada ao reacondicionamento de equipos informáticos.
Pola nosa parte a experiencia gustounos moito e gustaríanos poder repetila algún día.