Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

O transporte e os arredores de Lisboa

Posted on 28 Maio, 2025 By Diana Ramos Torrado Non hai comentarios en O transporte e os arredores de Lisboa

Este pasado mes de abril tiven a oportunidade de realizar un Erasmus extracurricular en Almada, e tamén de visitar varios lugares máis alá da coñecida capital de Portugal. Como tanto o meu lugar de traballo como o aloxamento se atopaban ao outro lado do río Texo, vinme na necesidade de adquirir unha tarxeta de transporte para poder desprazarme tanto ao traballo como para visitar Lisboa.

Despois de analizar detidamente as opcións, decanteime pola tarxeta Navegante Metropolitano, xa que era sen dúbida a opción máis conveniente. Trátase dun pase mensual que permite viaxar en calquera tipo de transporte público dentro de 18 municipios (unha área bastante ampla) por só 40 euros. A emisión inicial da tarxeta supuxo un pequeno custo adicional xa que eu nunca a sacara antes. Ademais, para facer o trámite había que ir presencialmente a un Ponto Navegante, no meu caso fun ao da Costa da Caparica. Porén, se quixera facer unha renovación para os meses seguintes o proceso sería máis sinxelo, xa que pode realizarse directamente nas estacións de metro de Lisboa.

A tarxeta é un documento físico semellante a este, no que figuran os teus datos persoais:

Tamén existen outras opcións como o Zapping, unha tarxeta recargable que se pode adquirir en numerosos puntos por un prezo moi reducido (apenas uns céntimos). Esta opción permíteche engadir saldo a medida que o necesites e pagar unicamente polo transporte que vas utilizando, polo que resulta útil para quen viaxa de forma moi puntual ou esporádica.

Porén, baixo a miña experiencia, non a recomendaría se tes pensado moverte con frecuencia, xa que en pouco máis dunha semana de desprazamentos intensos acabas gastando o mesmo (ou incluso máis) do que custaría un mes completo coa tarxeta Navegante Metropolitano.

Fisicamente, a tarxeta do Zapping é máis branda e nela non figura ningún dato persoal.

De todas formas, hai moitas opcións para o transporte, como se pode ver nesta páxina:

https://www.carrismetropolitana.pt/cards

Así, como eu elixín a tarxeta Navegante Metropolitano puiden moverme entre moitos lugares e ter o luxo de visitar outros sitios moi bonitos como Sintra ou Cascais. Así, nesta entrada explicarei algúns deles que visitei e considerei interesantes.

Almada

Esta foi obrigatoria, xa que vivía na zona e aínda que en principio non parecía máis que unha zona residencial para vivir tamén tiña algúns sitios interesantes e con moi boas vistas. De esta destacaría como obrigatorios ver os seguintes:

  • Cacilhas

Parroquia pertencente a Almada con porto propio e moi boas vistas. Ademais posúe unha zona de restaurantes con comida típica portuguesa.

  • Parque da Paz

Un parque grande e tranquilo, perfecto para ir a correr e que ten un estanque de patos. Puntualmente organízanse actividades.

  • Santuario Nacional do Cristo Rei

Monumento relixioso emblemático da zona. Ademais, é un fantástico mirador sobre a cidade de Lisboa que ofrece moi boas vistas á ponte do 25 de abril.

Lisboa

Evidentemente este foi un destino moi frecuente. Ademais, esta cidade é bastante grande. Porén, eu dividiría as zonas máis interesantes da cidade en tres:

  • Zona da Praça do Comércio

A zona da Praça do Comércio inclúe a propia praza tan representativa da cidade como as rúas que levan a ela, cheas de fantásticos restaurantes. Moi preto atópase a estación de Cais do Sodré, que conecta a cidade con outras zonas a través de tren, autobús e barco, incluíndo o ferry que leva a Cacilhas. A poucos minutos a pé está tamén a popular Pink Street, coñecida pola súa vida nocturna e bares de moda.

  • Zona da Torre de Belém

Ademais da propia torre na contorna tamén se atopan o Padrão dos Descobrimentos, que homenaxea aos navegantes portugueses, e o Mosteiro dos Jerónimos. Toda esta zona está chea de xardíns agradables para pasear, museos e a famosa Pastéis de Belém, onde se poden probar os auténticos pastéis de nata.

  • Zona do Parque das Nacións

Zona que destaca pola súa arquitectura contemporánea, con amplas zonas verdes e boas vistas ao río. Aquí atópanse lugares como o Oceanário de Lisboa, un dos maiores acuarios de Europa; o Pavilhão do Conhecimento, centrado na ciencia interactiva; o MEO Arena, onde se celebran concertos e grandes eventos; e a famosa torre de Vasco da Gama.

Cascais

Unha vila mariñeira encantadora que se visita facilmente en un só día. Recomendado ir cando o tempo esté a favor para pasear por toda a zona.

  • Mirador Casa de Santa María

Un dos puntos máis destacados de Cascais, situado preto do faro. Este lugar é perfecto para sacar fotos, tanto en dirección ao propio faro como ao fermoso palacio ao carón, a Casa de Santa María. Ademais, dise que neste punto se atopa a única ponte que cruza directamente sobre as augas do océano Atlántico, un detalle curioso que engade interese ao lugar.

  • Boca do inferno

Accidente xeolóxico costeiro onde o mar bate con forza contra as rochas, creando un espectáculo visual e que gusta moito aos visitantes de Cascais.

  • Xeados Santini

Totalmente necesario a súa mención pola calidade no sabor e textura destes xeados. Recomendo totalmente calquera sabor de fruta destes, onde se nota máis a diferenciación de esta cadea de xeados respecto a outros. A min persoalmente encantoume o xeado con sabor a mazá verde.

Sintra

Sitio moi turístico tanto polo seu ambiente natural como polos seus edificios diferentes e interesantes. Pódese acceder a esta facilmente mediante tren, aínda que os prezos para visitar os distintos edificios poden resultar algo caros.

  • Palacio da Pena

Monumento emblemático de Portugal que destaca pola súa arquitectura colorida e que combina diversos estilos. Está situado nunha das zonas máis altas da Serra de Sintra.

  • Quinta da Regaleira

Recinto que contén un palacio, xardíns, grutas, fontes… Un dos elementos máis característicos é o Pozo Iniciático, unha torre invertida escavada no subsolo que se percorre a través dunha escaleira en espiral.

  • Castelo dos Mouros

Fortaleza medieval de Sintra que conta con murallas serpenteantes que permiten camiñar entre torres e miradores. Ten unhas vistas increíbles sobre Sintra.

Cabo da Roca e Praia da Ursa

Sitio ideal para sacar fotos, a Praia da Ursa ten un acceso un pouco complicado pero que merece totalmente a pena. O Cabo da Roca e o faro están practicamente a 5 minutos andando da praia e dende alí podese coller o bus de volta.

Cabe mencionar que ir á zona en transporte público é algo difícil, xa que primeiro tes que coller o tren para ir a Sintra dende Lisboa e despois outro bus que recorre Sintra antes de chegar á costa, polo que de ser a única forma para ir, hai que coller o bus de volta o antes posible evitando quedar sen transporte de volta, debido á gran afluencia de xente pola zona de Sintra.

Costa da Caparica

A Costa da Caparica é a mellor zona para ir á praia preto de Lisboa. Porén acceder a ela será complicado nos fin de semanas de sol pola gran cantidade de xente que vai a estas. Según me recomendou a xente da zona as mellores praias son a Praia da Fonte de Telha e a Praia da Morena. As cales son moi grandes e sen tanta xente como as situadas na vila da Costa da Caparica. Porén, son estas ás que primeiro accede o transporte público, levando máis tempo trasladarse ás outras situadas máis no sur. De todas formas tiven a oportunidade de pasar unha tarde de sol na Praia do Paraíso, a cal estaba abarrotada de xente pero a cal mereceu completamente a pena visitar, sobre todo pola bonita posta de sol.

Outros

Os arredores de Lisboa teñen moitos sitios interesantes e bonitos para visitar ademais da propia Lisboa. Porén debido a que só estiven un mes non puiden visitar todo o que pretendía. Algúns interesantes que me quedan por tachar da lista son:

  • Azenhas do Mar
  • Setúbal
  • Sesimbra

Como conclusión, podo afirmar que Lisboa, así como as súas localidades máis próximas, constitúen unha excelente elección para realizar unha estancia Erasmus, especialmente se es unha persoa con espíritu viaxeiro e curiosidade por descubrir novos lugares coma min. Como se puido ver esta rexión destaca pola súa ampla oferta de destinos. Ademais, a boa conectividade mediante transporte público fai que sea posible explorar numerosos recunchos sen realizar un gran gasto económico. En definitiva, trátase dun destino que ofrece unha ampla variedade de experiencias e o converte nun lugar ideal para aproveitar ao máximo a experiencia Erasmus. De certeza que voltarei!

PT, PT-Lisboa

Navegación de entradas

Previous Post: Job Shadowing na Escola Profissional de Almada
Next Post: As miñas prácticas na ITGest en Almada

More Related Articles

Primeiro mes en Lisboa PT-Lisboa
Segundo mes en Lisboa PT-Lisboa
Seguimento da FCT – Primavera de 2022 PT-Braga
Último mes en Lisboa PT-Lisboa
As miñas prácticas na ITGest en Almada PT
Viagem a Lisboa. Primeira semana em Teleperfomances PT-Lisboa

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • As miñas prácticas na ITGest en Almada
  • O transporte e os arredores de Lisboa
  • Job Shadowing na Escola Profissional de Almada
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme