Digital soup: altri canali di Marketing
O módulo do ciclo Digital Strategist comezou no día de hoxe falando dos anuncios online en Google, Facebook, LinkedIn, Youtube, Twitch, TikTok, etc. Todas estes sitios teñen o seu panel de control que debemos aprender a utilizar para segmentar o público por plataforma, por exemplo.
O traballo nesta área realízase en grupo e existen estes roles que, no mellor dos casos, serán desenvolvidos por persoas diferentes: Project manager, Creación de contidos, dirección creativa, dirección de estratexia, especialista en advertising e analista de datos. Este último ten especial importancia na disciplina porque é quen recupera, filtra e usa a información sobre as campañas publicitarias: cantas persoas clican no anuncio, onde, durante canto tempo, etc.
Para exemplificar estes roles, fixemos a sfida degli spaghetti, unha competición de equipos para crear a torre máis alta.
Concluíndo, o obxectivo dunha campaña é refacela, porque as primeiras veces por falta de datos previos o máis probable é que non sexa 100% exitosa e hai que ir pulíndoa.
Ademais, aprendín unha grande cantidade de vocabulario e frases en italiano que publicarei neste outro blog da EOI.
ITS-ICT Piemonte: Organización e Eventos
Beppe, Alessandro e Emmanuel explicáronme con detalle como é o funcionamento do ITS. Algunha das cousas que máis me chamaron a atención son as seguintes:
- Non pode haber dous cursos exactamente iguais na rexión. Se hai dous parecidos, teñen que estar completamente adaptados ao contexto local, ás necesidades das empresas. Cada ano teñen que escoitar as súas demandas e solicitar os novos cursos á administración.
- Como mínimo a metade do equipo docente está en activo no mercado de traballo.
- Cada ciclo ten unha empresa socia que colabora no deseño do currículo, cofinancia as actividades, acolle o alumnado para realizar as FCTs e normalmente contratan o 60%.
- O alumnado non ten que pagar nada e a maior parte procede de FP (ciclo medio).
- Cada ano realízase unha clasificación a nivel estatal onde se valora con 1 punto cada estudante que conseguiu contrato de traballo, 0,7 se se deu de alta en Autónomos e 0,5 se pasou á Universidade. O obxectivo está permanecer na área de excelencia nesa clasificación.
En canto aos eventos o 90% son saídas didácticas fóra do recinto que poden implicar varios días. Son completamente gratuítos e obrigatorios para o alumnado.
A proposta pode vir da dirección do centro, dos estudantes ou doutras vías. Moitas veces son visitas ás empresas colaboradoras. Valórase en cada caso o interese e pertinencia da actividade (integración curricular), búscanse os medios (autobús, hotel, compra de entradas) e acompañantes.
Aínda que o único medio oficial de comunicación co alumnado é o correo electrónico, tamén se explica en que consiste, en persoa, clase por clase. Para finalizar pídese unha avaliación ao alumnado participante para saber como mellorar nun futuro ou se é o caso, cancelalo.
A túa descrición do sistema de FP é interesantísimo. As empresas están moi implicadas na formación.
A túa participación nas clases xenial. É importante saber italiano para poder participar en tódalas actividades.