Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (2)

Posted on 9 Maio, 202314 Maio, 2023 By vence 1 comentario en Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (2)

Digital soup: altri canali di Marketing

O módulo do ciclo Digital Strategist comezou no día de hoxe falando dos anuncios online en Google, Facebook, LinkedIn, Youtube, Twitch, TikTok, etc. Todas estes sitios teñen o seu panel de control que debemos aprender a utilizar para segmentar o público por plataforma, por exemplo.

O traballo nesta área realízase en grupo e existen estes roles que, no mellor dos casos, serán desenvolvidos por persoas diferentes: Project manager, Creación de contidos, dirección creativa, dirección de estratexia, especialista en advertising e analista de datos. Este último ten especial importancia na disciplina porque é quen recupera, filtra e usa a información sobre as campañas publicitarias: cantas persoas clican no anuncio, onde, durante canto tempo, etc.

Para exemplificar estes roles, fixemos a sfida degli spaghetti, unha competición de equipos para crear a torre máis alta.

Concluíndo, o obxectivo dunha campaña é refacela, porque as primeiras veces por falta de datos previos o máis probable é que non sexa 100% exitosa e hai que ir pulíndoa.

Ademais, aprendín unha grande cantidade de vocabulario e frases en italiano que publicarei neste outro blog da EOI.

ITS-ICT Piemonte: Organización e Eventos

Beppe, Alessandro e Emmanuel explicáronme con detalle como é o funcionamento do ITS. Algunha das cousas que máis me chamaron a atención son as seguintes:

  • Non pode haber dous cursos exactamente iguais na rexión. Se hai dous parecidos, teñen que estar completamente adaptados ao contexto local, ás necesidades das empresas. Cada ano teñen que escoitar as súas demandas e solicitar os novos cursos á administración.
  • Como mínimo a metade do equipo docente está en activo no mercado de traballo.
  • Cada ciclo ten unha empresa socia que colabora no deseño do currículo, cofinancia as actividades, acolle o alumnado para realizar as FCTs e normalmente contratan o 60%.
  • O alumnado non ten que pagar nada e a maior parte procede de FP (ciclo medio).
  • Cada ano realízase unha clasificación a nivel estatal onde se valora con 1 punto cada estudante que conseguiu contrato de traballo, 0,7 se se deu de alta en Autónomos e 0,5 se pasou á Universidade. O obxectivo está permanecer na área de excelencia nesa clasificación.

En canto aos eventos o 90% son saídas didácticas fóra do recinto que poden implicar varios días. Son completamente gratuítos e obrigatorios para o alumnado.

A proposta pode vir da dirección do centro, dos estudantes ou doutras vías. Moitas veces son visitas ás empresas colaboradoras. Valórase en cada caso o interese e pertinencia da actividade (integración curricular), búscanse os medios (autobús, hotel, compra de entradas) e acompañantes.

Aínda que o único medio oficial de comunicación co alumnado é o correo electrónico, tamén se explica en que consiste, en persoa, clase por clase. Para finalizar pídese unha avaliación ao alumnado participante para saber como mellorar nun futuro ou se é o caso, cancelalo.

Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (1)
Next Post: Os meus primeiros dias no Oporto

More Related Articles

Estadía en 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education. 1 EK B ATHINAS. Job Shadowing
Visita à empresa Teleperformance e ao INETE em Lisboa Job Shadowing
Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5) Job Shadowing
Ate Já Porto! Job Shadowing
Estadía en Vantaa Vocational College Varia Job Shadowing
Estadía na empresa Gompute en Gotemburgo Job Shadowing

Comment (1) on “Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (2)”

  1. Eva Pereira Loira di:
    11 Maio, 2023 ás 10:52

    A túa descrición do sistema de FP é interesantísimo. As empresas están moi implicadas na formación.
    A túa participación nas clases xenial. É importante saber italiano para poder participar en tódalas actividades.

    Responder

Deixa una resposta a Eva Pereira Loira Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Xuño 2025
  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Bus e Klamir
  • As miñas prácticas na ITGest en Almada
  • O transporte e os arredores de Lisboa
  • Job Shadowing na Escola Profissional de Almada
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme