Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (3)

Posted on 10 Maio, 202312 Maio, 2023 By vence 2 comentarios en Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (3)

AR/VR and Game Developer

Na Galiza temos o ciclo equivanlente só na Coruña, vinculado á familia profesional de Audivisuais. Tamén existen dous cursos de especialización de Informática en Lugo e Ourense. Aquí está a información do ciclo que poden cursar en Turín.

Crear produtos en 3D e realidade virtual ou aumentada, pareceume moi interesante e non só desde o punto de vista lúdico, senón tamén educativo e deume algunha idea para posibles futuros obradoiros.

Durante a miña estancia no ITS ITC Piemonte, asistín ás clases destes módulos:

Unity 3D

Hoxe coñecín o funcionamento desta ferramenta e de novo aprendín moito vocabulario técnico e frases en italiano. Comezamos por revisar as doce regras da animación e despois o alumnado creou un trigger para un traballo previamente feito, ligándoo á pulsación dunha tecla, usando código C#.

O seguinte exercicio consistiu na creación dun obxecto que se movía nos eixos X e Z. As animacións foron creadas a partir de keyframes, por interpolación. Este método funciona moi ben cos NPCs pero tamén implementaron un trigger para activar e desactivar o movemento no eixo Z ao premer unha tecla.

Principi di Modellazione 3D

Nesta clase tocaba consegna de traballos de modelado feitos en Autodesk despois de teren aprendido a deseñar figuras tipo Lego. O desafío era recrear escenas famosas de filmes, seguindo estes pasos:

  • Modelaxe a base de figuras xeométricas.
  • Situación da cámara, é dicir, do punto de vista.
  • Inserción de luces e sombras.
  • Gessato: pintar as superficies coa mesma cor e axustar as luces e sombras, proporcións, etc. Neste punto é cando se lle presenta o traballo ao cliente para corrixilo e obter o seu visto e prace antes de continuar.
  • Escoller o material (aceiro, plástico, madeira, etc) o que inflúe en como vair reflectir a luz, por exemplo.
  • No final insírese unha textura desde un ficheiro externo. Pode ser un granulado, ladrillos, unha imaxe concreta como un cadro, a cara da figura de Lego, etc. Websites de descarga recomendados: polyhaven.com  e textures.com
  • Despois hai que renderizar e aínda se pode retocar (postprodución) o contraste e outros parámetros usando ferramentas como GIMP. O resultado podería usarse, por exemplo, como escenario noutro proxecto de Unity 3D.
Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Os meus primeiros dias no Oporto
Next Post: Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (4)

More Related Articles

Job Shadowing en Lisboa Job Shadowing
Job Shadowing na Escola Profissional de Almada Job Shadowing
Job Shadowing e Incoming da EPRAL Incoming
Estadía en 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education. 1 EK B ATHINAS. Job Shadowing
Estadía en Vantaa Vocational College Varia Job Shadowing
Ate Já Porto! Job Shadowing

Comments (2) on “Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (3)”

  1. Eva Pereira Loira di:
    11 Maio, 2023 ás 11:03

    Programar videoxogos é divertido e o contorno de Unity moi interesante. Vaia experiencia no centro de estudos! Quédache tempo para o turismo?

    Responder
  2. vence di:
    11 Maio, 2023 ás 19:28

    Si, hoxe fixen 27 quilómetros a pé! 😀
    Paseei pola beira do Dora e do Po, vin sitios típicos como o Borgo Medievale, la Mole, o museo da RAI… xa meterei o máis interesante na guía 😉
    Abbraccio!

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Setembro 2025
  • Xuño 2025
  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Milan
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento
  • SLO-Maribor

Artigos recentes

  • Como fue nuestro trabajo en la empresa Jans.It
  • Erasmus FCT en Oporto – Ocio
  • Erasmus FCT en OPorto – Busqueda de piso
  • FCT en Eslovenia: Maribor
  • Milán y mucho más

Comentarios recentes

  1. vence en FCT en Milán : Watchfit
  2. Jesus en Estagio na WDMI
  3. Mariano en A miña experiencia en Malta
  4. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  5. admin en Crónicas dun galego en Praga

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme