Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Erasmus+ en Roma

Posted on 22 Agosto, 202316 Outubro, 2024 By a21manuelsg 2 comentarios en Erasmus+ en Roma

Ciao a tutti!

O meu nome é Manuel, son estudiante de DAW no IES San Clemente, e vouvos a falar sobre a miña experiencia facendo un Erasmus en Roma.

A empresa

A miña empresa, Homkeey, dedícase ao aluger de apartamentos turísticos na cidade de Roma, e o meu traballo consistía en crear un novo sitio web dende cero, con WordPress. Fixen unhas cantas páxinas, como a homepage, detail page, e algunhas mais. Ademais tamen tiven que modificar os archivos de configuración para poder deixalo exactamente como queríamos, e crear algúns scripts de JavaScript para engadir un filtro por zonas, e unha sección de ‘vistos recentemente’.

O feito de traballar cos archivos PHP de configuración dos plugins de WordPress, foi todo un reto, xa que estaba todo moi modularizado, e os archivos eran bastante mais complexos do que me encontrara ata ese momento.

A cidade

Roma é bellissima. Especialmente a Roma antiga. Nunca olvidarei a sensación de ver o Coliseo por primeira vez en persoa, nin o monumento a Vittorio Emanuele II. Pouco teño que decir de estes dous monumentos, é mellor que o vexades pola vosa conta.

As plazas tamén son moi bonitas:

  • Piazza Spagna, donde se atopa a Scalinata de Trinità dei Monti, o lugar mais fotografiado de Roma
  • Piazza Navona, antigamente era un estadio, e donde podes ver a Fontana dei Quattro Fiumi, de Bernini
  • Piazza del Popolo, é unha plaza tan grande, que ainda que haxa moita xente, non o parece. É un bo lugar para descansar, sempre e cando atopes unha zona con sombra

Por suposto, a Fontana di Trevi é parada mais que obrigatoria se vas a Roma. A plaza donde está é moi pequena, incluso a veces costa andar por esa zona, pero se tes un pouco de sorte, vas poder disfrutar de Trevi como é debido.

Outra parada obrigatoria é o Vaticano. Donde podes ver a grandiosidade da Basílica de San Pedro. Á entrada á Basílica é gratuíta, pero dentro hai un museo de pago, e a súbida á cúpula tamén é de pago, pero ainda así recomendo subir á cúpula, porque tes, sen dúbida, as mellores vistas de Roma. Os Museos Vaticanos son de pago, menos o último domingo de cada mes (prepárate para madrugar, porque terás que facer unha cola inmensa). Eu fun con un guía, pero se tivese que volver, probablemente escollería a opción de entrar por libre con unha audioguía, porque con un tour guiado non recorres todas as salas, e non tes tempo para apreciar a enorme cantidade de arte que hai.

Xusto delado do Vaticano atópase o Castel Sant’Angelo, que me encantou. Se tes menos de 25 anos, a entrada son 3 euros, o cal vale moito a pena.

Na maioría dos lugares, se tes menos de 25 anos vas ter un desconto na entrada moi xeneroso. E o primeiro domingo de cada mes (o último, no caso dos Museos Vaticanos), a entrada á maioría de monumentos é gratuíta.

Outros lugares de interese:

  • Panteón de Agrippa
  • Terme di Caracalla
  • Catacombe di San Callisto, na Via Apia Antica
  • Villa Borghese, donde se atopa a Galleria Borghese, na que poderás ver o Rapto de Proserpina, sen dúbida a miña escultura favorita do viaxe a Roma
  • Giardino degli Arancini e Knights of Malta Keyhole
  • Basilica di San Pietro in Vincoli e Basilica de Santa Maria Maggiore

Comer en Roma:

  • Saltimbocca, un lugar acolledor cerca de Piazza Navona, donde podes disfrutar de auténtica comida italiana.
  • Emma, a súa especialidade son as pizzas de masa fina. É un pouco máis caro, pero merece a pena. Non pidades café, porque ahí sí que se pasan moito jajaja.
  • Pasta e vino Torre Argentina, a mellor pasta que probei en Roma, ademais con vistas á Curia de Pompeyo, lugar no que foi asesinado Julio César.
  • Tonnarello e Nannarella, en Trastevere.
  • Frigidarium, se vos gusta o xeado, tedes que vir a esta xeadería artesanal de Roma. É moi barata, e poderás disfrutar do mellor xeado de Roma
  • Pompi, se sodes fans do tiramisú coma min, tedes que probar os tiramisús de Pompi, ademais hainos de moitos sabores.
  • Sant’Eustachio il Caffé, para tomar un moi bo café sen que che coste un riñón.

Consellos:

  • Mercar un ‘abbonamento mensile’, abono mensual para o metro e o bus de Roma. Pódese mercar en moitos estancos (Tabacchi), e o precio son 35 euros o abono, mais 3 euros pola tarxeta.
  • O verán de Roma é moi caluroso, o principal problema é a humidade. Levade roupa cómoda de cores claros, e unha botella de auga ou termo, que poderedes reencher nas moitas fontes de auga potable que hai pola cidade de Roma. Nunca lle merquedes auga ás persoas que a venden pola rúa, moitas veces esas botellas son reutilizadas doutras persoas.
  • Coidado coas persoas que ofrecen tours ou entradas preto dos monumentos mais importantes, Roma é unha das cidades mais turísticas do mundo, polo tanto a estafa aos turistas é moi común. Acudide a puntos de información oficiais.
  • Coidado coas carteiras, mobiles, bolsos e mochilas en lugares moi concurridos, especialmente bus e metro, Roma é das cidades europeas con mais carteristas
  • Os semáforos, pasos de peóns, e outro tipo de señais de circulación en Roma son sólo decoración, ninguén lle fai caso, polo tanto tede moito coidado pola rúa. Mirade ben antes de cruzar, ainda que teñades o voso semáforo en verde, eso non significa que non haxa perigo.
IT-Roma

Navegación de entradas

Previous Post: Erasmus en Braga
Next Post: Experiencia Erasmus en Lecce

More Related Articles

Guía de Roma IT-Roma
La mia prima settimana a Roma 💓 IT-Roma
La Gande Bellezza IT-Roma
Pompei ⟰ IT-Roma
Città del Vaticano IT-Roma
Guia para preparar o Erasmus a Roma ☝☺ IT-Roma

Comments (2) on “Erasmus+ en Roma”

  1. Eva Pereira Loira di:
    5 Setembro, 2023 ás 14:09

    Moitas grazas por compartir con nós a túa experiencia e por toda a información que aportas sobre Roma, que será de gran utilidade para futuros Erasmus+. Noraboa pola túa iniciativa para asumir novos retos.

    Responder
  2. vence di:
    5 Setembro, 2023 ás 16:33

    Grazie mille per i tuoi consigli!
    Vorrei sapere anche come sei riuscito a trovare alloggio… è così difficile! :-S
    Abbraccio!

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme