A empresa Rato ADCC
O meu primeiro día na empresa, o xefe deume a benvida e despois presentoume ao meu supervisor. Despois diso, mostráronme as instalacións da empresa e onde estaba todo. Asignáronme un portátil, que máis tarde usaría para programar, e finalmente, mostráronme o taller onde pasei case todo o tempo de prácticas.
Unha das miñas principais funcións foi o desenvolvemento dunha páxina web, proxecto no que traballei durante gran parte da estancia. Para a súa creación empreguei tecnoloxías como HTML, CSS e JavaScript, Ademais, participei en labores de montaxe e desmontaxe de ordenadores, así como en tarefas de mantemento e reparación de diferentes dispositivos electrónicos. Tamén tiven a oportunidade de utilizar soldadura con estaño para realizar pequenas reparacións e traballar con aparellos como microondas, secadores de pelo, cafeteras e outros dispositivos
Outro dos momentos máis destacados da experiencia foi a miña participación en Futurália, unha das feiras de educación e formación máis importantes de Portugal. Xunto cunha compañeira Erasmus procedente de Italia, Por último, tamén colaborei nunha actividade formativa dirixida a persoas xubiladas, na que impartín unha sesión práctica sobre o uso de Google Play. Durante esta actividade expliquei o funcionamento básico da plataforma, a instalación de aplicacións.
En conxunto, a estancia en Rato ADCC foi unha experiencia moi completa, xa que me permitiu combinar tarefas de programación, reparación electrónica, atención ao público
Vida en Lisboa
A miña primeira impresión de Lisboa foi moi positiva. Trátase dunha cidade acolledora, con moita vida nas rúas, para a mobilidade desde santiago temos varias opcions, ir en bus son mais o menos 10h, con antelación a viaxe pode custar uns 30€. Avión a opción mais cara tendo os voos desde uns 80€ – 100€.
Para a mobilidade temos duas opcions, unha delas consiste en obter o NIF portugués na Loja do Cidadão e solicitar posteriormente a tarxeta Navegante, que pode ofrecer importantes vantaxes para estudantes e residentes temporais. A outra opción é contratar a tarxeta Navegante de forma convencional, cun custo aproximado de 40 euros mensuais, permitindo utilizar practicamente toda a rede de transporte público da área metropolitana.
En canto ao custo da vida, Lisboa resulta máis cara do que moitas persoas esperan, especialmente no referente ao alugueiro. Durante a miña estancia compartín piso con outros dous compañeiros españois. O alugueiro da vivenda ascendía a aproximadamente 1.500 euros mensuais entre os tres, A pesar do seu prezo, o piso estaba moi ben situado, nunha zona céntrica que permitía acceder facilmente tanto ao lugar de prácticas como aos principais puntos de interese da cidade. Recomendo que miredes con bastante tempo de antelación o aluguer, Déixovos aquí dúas páxinas onde podedes consultar: https://www.idealista.pt/
https://www.uniplaces.com/es/accommodation/lisbon
Ocio e tempo libre
Fóra do horario laboral tamén tiven a oportunidade de aproveitar ao máximo o tempo libre que ofrecía a cidade de Lisboa, moitas tardes acudía ao ximnasio e, noutras ocasións, saía a correr polas zonas próximas ao porto e ao paseo marítimo. Para a xente á que lle gusta correr, hai un club de running gratuíto para coñecer xente: https://www.instagram.com/lisbonrunningcommunity

Durante a estancia formei un grupo de amizade con varios estudantes españois que tamén estaban realizando mobilidades Erasmus. Compartimos numerosas actividades ao longo destes meses, tanto durante a semana como nas fins de semana. As noites dos venres e sábados adoitabamos saír xuntos para coñecer o ambiente nocturno da cidade na zona de barrio alto, santos e cais do sodre onde se atopan as discotecas, tamén aproveitamos para pasear por distintas zonas da cidade, coñecendo os seus barrios e visitando diferentes praias.

Lugares visitados
Durante a miña estancia tamén tiven a oportunidade de visitar outros lugares emblemáticos de Portugal, como: O porto, Belém, Cristo Rei e Sintra. Para as findes de semana de moita calor uns das mellores praias e costa da caparica queda cerca de Lisboa.

Tamén tiven a oportunidade de visitar a rexión do Algarve, unha das zonas turísticas máis famosas de Portugal. As súas praias, os cantís e as paisaxes costeiras

Gastronomía portuguesa
O primeiro deles foi o Pastel de Nata, un dos doces máis coñecidos de Portugal. Trátase dunha pequena torta de crema recomendo que vaiades a pasteis de belem ou mantegaria a probalos

Tamén puiden degustar a Francesinha durante unha viaxe á cidade do Porto, ainda que tamen moitos restaurantes en Lisboa ofertan este prato.

Experiencia persoal
En resumo, a miña experiencia Erasmus en Lisboa foi unha etapa inesquecible que me permitiu crecer tanto a nivel profesional como persoal. Durante estes meses tiven a oportunidade de traballar en proxectos relacionados coa programación web, participar en eventos tecnolóxicos e aprender novas habilidades.
Máis alá da experiencia laboral, un dos aspectos que máis valor lle dou a esta mobilidade son as persoas que coñecín durante a estancia. Sobretodo a os meus compañeiros de piso.
Para todas aquelas persoas que estean pensando en participar nun programa Erasmus, a miña recomendación é que aproveiten a oportunidade. Mesmo se ides sós ou tendes dúbidas antes de marchar, non deixedes que o medo vos impida vivir esta experiencia. É unha oportunidade única para aprender, coñecer xente nova, descubrir outros lugares e crear recordos que permanecerán para sempre. Sen dúbida, volvería repetir esta experiencia sen pensalo dúas veces.

Moi bo comentario, Daniel. A experiencia sen dúvida foi moi enriquecedora e as prácticas na empresa moi completas.
Parabéns!