Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

De prácticas Erasmus por Hanover

Posted on 26 Novembro, 2023 By a21martinas 1 comentario en De prácticas Erasmus por Hanover

Ola, moi boas.

Hoxe veño a compartir con vosco a miña experiencia facendo prácticas nunha empresa de software en Hannover, Alemaña durante 1 mes.

A empresa en concreto chamase BitCollegen, que se dedica á ofrecer un servizo de IT Outsourcing, o que ven sendo deslocalización dos servizos de programadores para empresas. Bitcollegen ademais forma parte da equipa doutra empresa maior, un buffete de avogados especializados en ecoloxismo, RITTER GENT COLLEGEN.

As miñas funcións na empresa fóronme explicadas o primeiro día por parte do meu xefe, Florian. As súas palabras textuais foron: “Martín e non che trousen aquí para que simplemente piques código. O meu obxectivo e que teñas unha visión 360º do que é un negocio tecnolóxico”. E certa mente durante o mes que estiven con el fixemos un pouco de todo.

Os primeiro días estívome explicando a súa maneira de traballar e todos os produtos e servizos que ofrecían. Propúxome distintos proxectos e deixoume escoller en cal me quería enrolar. Logo deixoume tempo para formarme nas tecnoloxías dese proxecto e a continuación pasamos a realizalo. Neste caso as tecnoloxías foron: Laravel, Laradock e bases de datos.

Respecto aos compañeiros de traballo, na oficia había un super bo ambiente. Compañeiros moi agradábeis cos que todos os días facía unha pausa conxunta para tomar o café. E a pesar de non falar alemán, non tiven ningún problema falando en inglés con ninguén da oficina.

Outras cousas interesantes que vivín foi poder colaborar con distintos programadores de outras partes do mundo, principalmente da India. Tamén fun invitado a un viaxe de empresa ás montañas que foi moi divertido onde o principal foi comer, beber e pasalo ben.

A miña experiencia foi tan gratificante que decidín mandar algúns currículums a ver si tiña sorte e me saía algún traballo de programador en Hannover. E agora mesmo estou escribindo este post como programador dunha empresa de Hannover na que teño pensado quedarme un ano polo menos.

Así que animádevos a facer o Erasmus, é unha experiencia incríbel, super segura e gratuíta.

Martín

Incoming

Navegación de entradas

Previous Post: Digital Works em Lisboa
Next Post: Unha visita por Hannover

More Related Articles

Unha visita por Hannover Incoming
Job Shadowing e Incoming da EPRAL Incoming
Visita do CDCFE de Dublín Incoming

Comment (1) on “De prácticas Erasmus por Hanover”

  1. Mariano di:
    29 Novembro, 2023 ás 10:36

    É xenial que, en vez de facer só prácticas de programación, teñas agora unha visón global do negocio das tecnoloxías da información. Paréceme un moi bo sitio para facer unhas prácticas. E por enriba fichaste por unha empresa da mesma cidade ao rematar a túa mobilidade!

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme