Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Unha visita por Hannover

Posted on 26 Novembro, 2023 By a21martinas 1 comentario en Unha visita por Hannover

Explorando Hannover

Hannover é unha cidade alemá situada no centro do país que combina modernidade con rico patrimonio histórico. Está situado na Baixa Saxonia e a pesar de estar practicamente destruído na Segunda Guerra Mundial, foi reconstruído como antes. Por iso, conserva un casco histórico típico da comarca.

🏰 Patrimonio Histórico

Hannover é unha cidade que respira historia en cada recuncho. Conta cunha gran cantidade de edificios e museos emblemáticos. A cidade ten unha liña vermella, literalmente pintada no chan, que permite coñecer os seus lugares máis emblemáticos cun paseo dunhas 4 horas. Un plan perfecto para a fin de semana.

🌳 Xardíns de Herrenhausen

Hannover é unha cidade incriblemente verde, con moitos grandes parques e rúas.

Recomendación: Non podes visitar Hannover sen pasar un tempo nos xardíns de Herrenhausen. Este oasis verde é unha escapada perfecta do bulicio da cidade. Pasea polos xardíns barrocos, visita o magnífico Fontaine Grove e déixate envolver polo labirinto de arbustos.

🛍️ Compras en Ernst-August-Galerie

Se es un entusiasta das compras, Hannover ten un centro cheo de tendas de todo tipo. Paga a pena pasear e recorrer os distintos establecementos: galerías de arte, antigüidades, outlets… Hai cousas moi curiosas

🍺 Cervexerías e Gastronomía Local

Se es un amante da boa cervexa, Hannover é un lugar ideal. Encántanlles a variedade e a boa cervexa.

En canto á gastronomía local, non é moi variada, a verdade. Pero tes restaurantes de todo o mundo así que cada fin de semana podes probar cousas novas.

🎭Comunidade hispana

En Hannover hai unha gran comunidade hispana polo que se non falas ben alemán, sempre podes facer amigos que falen a túa lingua. Coñecín xente a través da aplicación Couchsurfing, grupos de Facebook e unha asociación de inmigrantes hispanos.

Hannover é unha cidade europea que ofrece actividades, plans e experiencias de todo tipo. Só tes que atreverte a coñecer xente e unirte a eses plans.

Martín

Incoming

Navegación de entradas

Previous Post: De prácticas Erasmus por Hanover
Next Post: Estadía en 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education. Laboratorios.

More Related Articles

Visita do CDCFE de Dublín Incoming
De prácticas Erasmus por Hanover Incoming
Job Shadowing e Incoming da EPRAL Incoming

Comment (1) on “Unha visita por Hannover”

  1. Mariano di:
    29 Novembro, 2023 ás 10:29

    Un artículo moi interesante, Martín. Entran moitas ganas de visitar a cidade. A foto do principio que edificio é? É a casa do concello?

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme