Non sei como resumir o ben que o pasei en Braga, sen ánimo de dar ningunha imaxe fabricada neste post.
Viaxiei a Bom Jesus con xente estupenda que agora é a miña amiga, obtín contactos e oportunidades de traballo e aprendín moito, ademais de telo pasado moi ben en varias ocasións como actividades divertidas realizadas en grupo.
O edificio desa foto é a igrexa do Sameiro do día no que viaxei cos meus amigos – unha experiencia alucinante, que recomendo ter estando nun estado de felicidade. Para min esa felicidade foi ser consciente da beleza do día e da noite estando con xente á que quero e da que sinto unha cercanía profunda.
A nivel de traballo moi ben, todos encantados co que fixen, e eu tamén de sentirme útil e que o que realicei foi bo para outra xente. De feito grazas a iso ganei oportunidades de traballo, e estou pensando en irme a vivir a Portugal proximamente, así como proxectos. Mellorei nas miñas habilidades de simplificar a solución de problemas, o cal fai o traballo enteiro máis eficiente.
En canto á vivenda pois foi interesante gastar 40€ cada 10 días, que foi o límite que me puxen de media, mentras conseguía a comida que me gustaba así como comida sana, pois prioricei a miña saúde por encima de todo. O que si pois costoume manter un nivel de limpeza da piso óptimo para a caseira a pesar de telo intentado porque me gusta tamén que o lugar onde estou esté limpo, e o menciono porque o estar moi centrado no que sinto que teño que facer pois impídeme atender constantemente a outras tarefas sexan cales sexan, pero espero ter aprendido a manter máis constancia e profundidade na limpeza do lugar no que vivo sen acumular estrés.
Precioso artigo. Moitas grazas por compartir con nós eses momentos tan especiais. Alégrome moito!
Precioso artigo. Moitas grazas por compartir con nós eses momentos tan especiais. Alégrome moito!