Esta viaxe presentouse longa, pero non por razón das prácticas que estou a facer, se non polo preciso que foi ata o pasado 5 de Maio ir e volver a axudar que os últimos días da persoa que cofundou a familia que me deu a vida fosen de paz e felicidade.
En certo modo é análogo á aplicación dos valores da institución, coa que continuei a traballar independentemente das miñas circunstancias, porque ao igual que eles con todo o mundo eu e poucos membros da miña familia nos enfocamos en facerlle a vida a esa persoa feliz dentro das nosas posibilidades.
A pesar de que o traballo alí foi estupendo outra vez, en parte por crecemento en programación eficiente, e de que nesta ocasión non puiden facer ningún plan con amigos por cúmulo de circunstancias miñas ou deles, os momentos compartidos coa xente do propio edificio na foto son cos que máis me quedo porque axudaron a manterme en balance mentras continuaba desenvolvendo habilidades como programador, implementaba as solucións que eran preciso implementar de forma libre e aprendía do proceso que levaba a cabo o equipo para levar adiante as súas tarefas.
Desta volta non hai máis que contar, e por ese lado pido disculpas, pero en resumidas contas foi outra experiencia única que me volveu a facer crecer como persoa e que se puido explicar en poucas palabras polo menos a un nivel sinxelo.
Que ben que o traballo fora estupendo e que te permitira crecer en programación eficiente. No tocante á experiencia en global é fantástico que te permitira desenvolverte personalmente. Moita forza.