O pasado mes de marzo eu mais o meu compañeiro Gabriel comezamos as prácticas erasmus na cidade de Montauban en Francia. A empresa de acollida foi a CDG82, unha empresa centrada na administración pública e que brinda axuda en diferentes ámbitos ás empresas públicas da rexión de Tarne-et-Garone.Ámbitos como o xuridico, xestión , organización de concursos e exames profesionais, ademáis de soporte web, tanto creación e mantemento das páxinas web como xestión de arquivos ou instalación de sistemas.
A nós recibíronnos na área de desenvolvemento web, despois dunha semana na que aprendimos sobre a tecnoloxía que utilizan na empresa, o noso xefe Nicolas asignounos un proxecto no que estivemos traballando durante os tres meses que duraron as prácticas. Aínda que a empresa traballa cun software diferente permitíronnos facer o noso proxecto co software visto no clase, o que nos foi de moita axuda. Persoalmente, estou moi contento co resultado das prácticas, servíronme para aprender moito e fomos capaces de realizar o proxecto sen problema algún.
Respecto aos compañeiros de traballo, foron todos moi amables e notábase que o ambiente na empresa era excelente. Todos os dias reuníanse todos para tomar o café e de cando en vez levaban comida para repartir cos demais. A pesar de non dominar o idioma, facian todo o posible por se comunicar con nós e axudarnos con todo o posible.
Durante as prácticas puidemos participar nunha xornada de cohesión, esta consistiu dunha reunión na que se repasou o último ano da empresa e unha comida con todos os compañeiros e pola tarde fomos a unha escape room e o dia rematou cunha cea. Este foi un dos mellores días das prácticas e en xeral todo o trato recibido foi incrible. Ademáis o último día montáronnos unha festa de despedida e agasallaronnos cunha cesta con produtos da zona.
Recomendo a todo o mundo facer o Erasmus e se tedes a posibilidade de ir a CDG82 non vos vades arrepentir.
Alégrome moitísimo de que a experiencia na empresa fose boa. Moitas grazas por compartilo con nós!