Somos Yulian e Didac, estudantes de 2º de SMR, e imos contar a nosa viaxe a Porto, concretamente a Río Tinto, na empresa OnDisc.
Para comezar, tanto a ida como a volta fixémolas en autobús (Alsa). Podedes atopar os billetes por arredor de 30€, e con antelación incluso por 15€, aínda que en algunhas datas —por exemplo, en Semana Santa ou nas fins de semana— o prezo pode subir moitísimo, ata os 50€.
Para o aloxamento, optamos por Airbnb (totalmente recomendado), xa que para nós é o máis sinxelo de utilizar. Eramos dúas persoas na casa: unha vivenda con patio, moderna e acolleitadora, por uns 700€ ao mes por persoa.

A experiencia na empresa foi normal, nada do outro mundo. A nosa tarefa principal era subir produtos de todo tipo á páxina web da empresa. Despois, a relación entre os traballadores de alí e as demais persoas en prácticas (todos portugueses) foi moi boa; o xefe, Hugo, foi moi amable e con moi bo sentido do humor. O horario da empresa é de 10:00 a 12:30 e de 14:30 a 19:00; de 12:30 a 14:30 é o tempo para xantar (o local conta cunha pequena cociña equipada con microondas, vertedoiro, frigorífico e algúns cubertos).

Recomendacions:
O xantar na empresa: Recomendamos que levedes a comida xa da casa, pero no caso de non facelo, podedes ir xantar a un local familiar moi preto da empresa que ten pratos variados por só 4,75 €.


Para o transporte, facede a tarxeta Andante, que é gratis para menores de 23 anos (no caso de que o sexades). Para os maiores de 23, está a tarxeta Andante mensual por 40 € ao mes, válida para todo Porto en tren, autobús e metro.


