Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Prácticas en Praga — Data4you.cz

Posted on 26 Xaneiro, 202328 Xaneiro, 2023 By a20davidmd 2 comentarios en Prácticas en Praga — Data4you.cz

Hai 2 semanas que comecei a traballar na empresa Data4you e nestas alturas penso que non puiden escoller mellor.

O meu rol principal é o de programador back-end, aínda que en ocasións tamén necesitei facer uso do front-end e dos sistemas. A miña tarefa principal a principios consistiu en arranxar varios servizos que non funcionaban (sistemas) e agora en refactorizar unha aplicación de web-scraping (con centos de scripts).

A empresa utiliza principalmente PHP (Laravel) e JavaScript (React ou node.js) e MySQL para desenvolver os seus proxectos, pero tamén usa en ocasións MongoDB, Python ou Bash. Para traballar en conxunto utilizamos BitBucket como controlador de versións, Slack para comunicación, e Trello para planificación e asignación de tarefas.

A empresa é pequena, ten 8 traballadores, o que significa que terei a oportunidade de traballar en proxectos desde o seu inicio ata a súa finalización. Ademais do meu rol como programador, tamén participo en varias tarefas de apoio nas clases do bootcamp de programación de 3 meses que a empresa ofrece.

Estar en contacto cos alumnos do bootcamp facilitoume moito as cousas á hora de atopar amigos e tomar unhas cervexas polas tardes. A maioría ronda entre os 20 e os 30 anos e como as clases son en inglés, todos falan a lingua.

Arredor da empresa hai moita variedade de lugares onde comer durante o descanso, desde comida vietnamita, tailandesa ou italiana ata comida tradicional checa. Os prezos son similares aos dun menú do día en España, o que é bastante accesible. Se queres traer a túa propia comida, tamén podes calen quentala no microondas e comer na zona designada.

As oficinas están situadas nunha localización moi boa, con vistas ao río Moldova. Leva aproximadamente 15 minutos para chegar desde o centro en metro. No meu caso levaba 25 minutos por ter que andar e facer un transbordo.

Oficina de data4you.cz

En xeral, foi una moi boa benvida á cidade en tódolos aspectos. O traballo resúltame interesante e dinámico grazas á dualidade ca plataforma de educación, e as condicións cumpren de sobra o que un se pode esperar nun traballo deste tipo.

RC-Prague

Navegación de entradas

Previous Post: Seguimento da FCT – Outubro a Decembro de 2022
Next Post: Visita do CDCFE de Dublín

More Related Articles

Guía de Praga RC-Prague

Comments (2) on “Prácticas en Praga — Data4you.cz”

  1. Eva Pereira Loira di:
    31 Xaneiro, 2023 ás 12:20

    O teu artigo está xenial. Alégrome moito de que esteas tan ben tanto a nivel profesional como de ter xente coa que saír despois do traballo.
    Vaia vistas pola ventana da oficina!!

    Responder
  2. Marcos di:
    9 Maio, 2023 ás 12:09

    Noraboa por ter desfrutando tanto da experiencia checa.

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Leipzig
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Lisboa
  • PT-Porto
  • RC-Prague
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Unha visita por Hannover
  • De prácticas Erasmus por Hanover
  • Digital Works em Lisboa
  • Guía de Roma
  • Alma2 Experiencia laboral en Lecce

Comentarios recentes

  1. Mariano en De prácticas Erasmus por Hanover
  2. Mariano en Unha visita por Hannover
  3. Marcos en Digital Works em Lisboa
  4. vence en Digital Works em Lisboa
  5. Carlos en Guía de Roma

Copyright © 2023 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme