Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Crónicas dun galego en Praga

Posted on 18 Decembro, 2024 By a21javierbq 1 comentario en Crónicas dun galego en Praga

Praga, a cidade máis importante da República Checa e a capital do país, destaca entre moitas cidades europeas por ser unha das máis rica historia e un patrimonio cultural inconfundible. Fundada na segunda metade do século IX e situada no corazón de Europa, Praga é famosa pola súa arquitectura medieval, os seus castelos impoñentes e as súas icónicas pontes, que lle confiren un encanto único. Entre a súa gastronomía e marabillas arquitéctonicas Praga supón un lugar desexado por moitos para viaxar e incluso vivir.

Puntos de interese e arquitectura

  • O Castelo de Praga: O castelo antigo máis grande do mundo, fundado no século IX, combina estilos arquitectónicos e destaca pola Catedral de San Vito, o Antigo Palacio Real e a Rúa do Ouro. É a actual sede presidencial e ofrece vistas espectaculares de Praga.
  • O Barrio Xudeu (Josefov): Este barrio histórico conserva sinagogas emblemáticas como a Sinagoga Española e a Vella-Nova, ademais do Cemiterio Xudeu Vello. É un lugar único que reflicte a rica historia da comunidade xudía de Praga.
  • O Reloxo Astronómico (Orloj): Instalado na Praza da Cidade Vella en 1410, este reloxo medieval amosa posicións astronómicas e ofrece un espectáculo cada hora coa súa procesión de figuras mecánicas.
  • A Ponte de Carlos (Karlův most): Construída no século XIV, conecta a Cidade Vella co Barrio Pequeno. Decorada con estatuas barrocas, é un dos lugares máis icónicos e fermosos de Praga.

Calidade e estilo de vida:

Unha das costumes centroeuropeas que máis contrasta coas españolas son as horas de comer; as cales, creo que non conseguín adaptarme completamente. Mentres que en España a hora de xantar é arredor das dúas, tres da tarde; en Chequia é o redor das doce da mañá. Despois, a gran diferencia está ná hora de cear. Mentres que en España somos o país no que máis tarde se cea no mundo, en Chequia coma no resto de Europa a hora de cear e sobre as seis da tarde; dado que prefiren cear despois de saír do traballo, para despois realizar as actividades que pechan os seus días.

Polo demáis, o estilo de vida na República Checa e Praga é bastante similar o estilo de vida español no que se refire a tempo libre. A pesar de ser dous países bastante apartados, o punto de reunión para a maior parte das actividades sociais é o bar, tanto para rematar un longo día de traballo, coma para desfrutar dunha cervexa un sábado entre amigos. Nun lugar coñecido por ser un dos maiores consumidores de cervexa do mundo e elaborar cervexas de moitísima calidade, ten sentido que os seus cidadáns escollan os bares coma nexo das súas actividades.

Aínda que algunhas cousas como levar acabo eventos socias principalmente en cafés ou bares, si é verdade que os deportes que deciden ir ver os mesmos son bastante distintos os deportes nacionais en España. Mentres que en España, o deporte maioritario é o fútbol; en República Checa é o hockey sobre xeo.

Conclusións:

Praga é unha cidade que combina historia, cultura e calidade de vida, converténdose nun destino atractivo tanto para visitar como para vivir. Praga tamén é na miña opinión un destino ideal para estudantes Erasmus por varias razóns, entre as que destacan desde o meu punto de vista

  1. Arquitectura e cultura impresionante: A cidade está chea de historia e beleza arquitectónica, con lugares emblemáticos, así como unha cultura e tradicións moi persoais, as cales fanlle destacar entre outros países europeos.
  2. Seguridade: Praga é unha das cidades máis seguras de Europa, o que permite aos estudantes moverse con tranquilidade e aproveitar todo o que a cidade ofrece.
  3. Custo de vida accesible: En comparación con outras cidades europeas, Praga é relativamente económica, o que facilita a xestión do orzamento dun estudante.
  4. Vida social vibrante: Os bares, cafés e espazos culturais son puntos de encontro habituais, creando oportunidades para coñecer xente e facer novas amizades.

En resumo a miña experiencia en Praga foi realmente enriquecedora e volvería repetir sen dubida. Fixen amigos tanto de Chequia coma doutros países coma Serbia e Rusia, e son amizades que espero que duren moito tempo.

O custo de vida, o cal é bastante asequible; o estilo de vida parecido ao español, con ese chisco que o fai diferente; a gastronomía; e a seguridade, só engaden o encanto da cidade, facendo de Praga un destino ideal.

RC-Prague

Navegación de entradas

Previous Post: Mi experiencia en Data4You
Next Post: Miña experiencia en Data4You

More Related Articles

Prácticas en Praga — Data4you.cz RC-Prague
Data4You – A miña experiencia laboral en Praga RC-Prague
Erasmus en Praga – A guia definitiva RC-Prague
Guía de Praga RC-Prague
Mi experiencia en Data4You RC-Prague
Guia rápida para sobrevivir en Praga RC-Prague

Comment (1) on “Crónicas dun galego en Praga”

  1. admin di:
    20 Decembro, 2024 ás 10:07

    Gran artículo, Javier! Seguro que será moi útil para futuros estudantes na mesma cidade. Encántanme as fotos.

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing na Escola Profissional de Almada
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme