Praga, a cidade máis importante da República Checa e a capital do país, destaca entre moitas cidades europeas por ser unha das máis rica historia e un patrimonio cultural inconfundible. Fundada na segunda metade do século IX e situada no corazón de Europa, Praga é famosa pola súa arquitectura medieval, os seus castelos impoñentes e as súas icónicas pontes, que lle confiren un encanto único. Entre a súa gastronomía e marabillas arquitéctonicas Praga supón un lugar desexado por moitos para viaxar e incluso vivir.
Puntos de interese e arquitectura
- O Castelo de Praga: O castelo antigo máis grande do mundo, fundado no século IX, combina estilos arquitectónicos e destaca pola Catedral de San Vito, o Antigo Palacio Real e a Rúa do Ouro. É a actual sede presidencial e ofrece vistas espectaculares de Praga.
- O Barrio Xudeu (Josefov): Este barrio histórico conserva sinagogas emblemáticas como a Sinagoga Española e a Vella-Nova, ademais do Cemiterio Xudeu Vello. É un lugar único que reflicte a rica historia da comunidade xudía de Praga.
- O Reloxo Astronómico (Orloj): Instalado na Praza da Cidade Vella en 1410, este reloxo medieval amosa posicións astronómicas e ofrece un espectáculo cada hora coa súa procesión de figuras mecánicas.
- A Ponte de Carlos (Karlův most): Construída no século XIV, conecta a Cidade Vella co Barrio Pequeno. Decorada con estatuas barrocas, é un dos lugares máis icónicos e fermosos de Praga.
Calidade e estilo de vida:
Unha das costumes centroeuropeas que máis contrasta coas españolas son as horas de comer; as cales, creo que non conseguín adaptarme completamente. Mentres que en España a hora de xantar é arredor das dúas, tres da tarde; en Chequia é o redor das doce da mañá. Despois, a gran diferencia está ná hora de cear. Mentres que en España somos o país no que máis tarde se cea no mundo, en Chequia coma no resto de Europa a hora de cear e sobre as seis da tarde; dado que prefiren cear despois de saír do traballo, para despois realizar as actividades que pechan os seus días.
Polo demáis, o estilo de vida na República Checa e Praga é bastante similar o estilo de vida español no que se refire a tempo libre. A pesar de ser dous países bastante apartados, o punto de reunión para a maior parte das actividades sociais é o bar, tanto para rematar un longo día de traballo, coma para desfrutar dunha cervexa un sábado entre amigos. Nun lugar coñecido por ser un dos maiores consumidores de cervexa do mundo e elaborar cervexas de moitísima calidade, ten sentido que os seus cidadáns escollan os bares coma nexo das súas actividades.
Aínda que algunhas cousas como levar acabo eventos socias principalmente en cafés ou bares, si é verdade que os deportes que deciden ir ver os mesmos son bastante distintos os deportes nacionais en España. Mentres que en España, o deporte maioritario é o fútbol; en República Checa é o hockey sobre xeo.
Conclusións:
Praga é unha cidade que combina historia, cultura e calidade de vida, converténdose nun destino atractivo tanto para visitar como para vivir. Praga tamén é na miña opinión un destino ideal para estudantes Erasmus por varias razóns, entre as que destacan desde o meu punto de vista
- Arquitectura e cultura impresionante: A cidade está chea de historia e beleza arquitectónica, con lugares emblemáticos, así como unha cultura e tradicións moi persoais, as cales fanlle destacar entre outros países europeos.
- Seguridade: Praga é unha das cidades máis seguras de Europa, o que permite aos estudantes moverse con tranquilidade e aproveitar todo o que a cidade ofrece.
- Custo de vida accesible: En comparación con outras cidades europeas, Praga é relativamente económica, o que facilita a xestión do orzamento dun estudante.
- Vida social vibrante: Os bares, cafés e espazos culturais son puntos de encontro habituais, creando oportunidades para coñecer xente e facer novas amizades.
En resumo a miña experiencia en Praga foi realmente enriquecedora e volvería repetir sen dubida. Fixen amigos tanto de Chequia coma doutros países coma Serbia e Rusia, e son amizades que espero que duren moito tempo.
O custo de vida, o cal é bastante asequible; o estilo de vida parecido ao español, con ese chisco que o fai diferente; a gastronomía; e a seguridade, só engaden o encanto da cidade, facendo de Praga un destino ideal.
Gran artículo, Javier! Seguro que será moi útil para futuros estudantes na mesma cidade. Encántanme as fotos.