Durante o tempo que pasei en Praga traballando en Data4You, adquirín unha gran cantidade de coñecementos e habilidades que resultaron fundamentais para o meu desenvolvemento profesional. Esta empresa, recoñecida pola súa aposta pola formación e a innovación tecnolóxica, destaca tanto polo seu bootcamp de programación como polas solucións tecnolóxicas que ofrece, incluíndo o deseño e desenvolvemento de sitios web corporativos.
As miñas tarefas centráronse tanto en deseño frontend como backend, pero tamén tiven ocasión de participar noutras áreas, como o apoio a estudantes do bootcamp. A pesar de estar ben preparado para o meu papel como desarrollador, a verdade e que a ensinanza foi un gran desafío para min dado que é bastante máis difícil ensinar a alguén a programar, que soamente programar.
No deseño frontend, traballei en crear o aspecto gráfico de distintos proxectos, garantindo unha experiencia de usuario coherente en todas as plataformas. Cheguei a aprender moito de diseño frontend granzas. Ademais, no testing, responsabilizome de asegurar que os proxectos cumprisen cos requisitos de calidade establecidos.
Por outra banda, a miña participación na lóxica centrouse en mellorar o acceso as bases de datos e en xestionar o fluxo da información para que as interfaces fosen funcionais. Aumentar a eficiencia das páxinas mediante o meu traballo con PHP no backend permitiume aprender novas formas de solventar problemas cos que non tratara antes.
Grazas a ser posicionado en proxectos relativamente novos, tiven a oportunidade de traballar con todos os aspectos do desenvolvemento web. Colaborei tanto no backend como no frontend, ademais de xestionar o despregue das páxinas web nos servidores, corrixindo erros e realizando melloras a nivel servidor. Aprendín a usar ferramentas como React e Laravel, as cales expandiron de maneira masiva os meus coñecementos de PHP e JavaScript, así como optimizar a arquitectura do sistema para unha mellor rendibilidade e escalabilidade. Esta experiencia mellorou significativamente as miñas habilidades técnicas e a capacidade de traballar en equipo.
En definitiva, a miña experiencia en Data4You foi bastante positiva. Ainda que é verdade de que houbo algún que outro problema, a experiencia supuxo un salto cualitativo nas miñas competencias técnicas e creativas.
Ola, Javier.
Grazas pola túa achega ao blog. É especialmente interesante que detalles que aprendiches e cales foron os maiores desafíos aos que che enfrontaches. O único que botamos de menos é que non incluíses algunha imaxe do teu centro de traballo. Bo traballo!
Un saúdo e felices festas.