Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

Posted on 2 Xuño, 20262 Xuño, 2026 By paloma Non hai comentarios en Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

Os días 11, 12 e 13 de maio de 2026 tiven a sorte de participar nunha estadía en Matosinhos, no centro que arriba se indica. Os meus obxectivos xiraban en torno a internacionalizar os ciclos que imparto ao facer contactos con compañeiros deste centro; a mellorar a miña comunicación en lingua inglesa e en lingua portuguesa no intercambio; e a identificar boas prácticas en xeral, e en concreto as relacionadas co ensino das linguas, en especial as estranxeiras, e sobre todo o inglés, co obxectivo de implementalas no noso centro.

A experiencia foi absolutamente positiva. Os compañeiros recibíronme marabillosamente, mostráronme as instalacións do centro educativo, e facilitándome non so asistir a aulas de profesorado especialista en lingua inglesa, senón tamén a unha aula de lingua portuguesa e a unha de lingua española. Podo testemuñar o interese que suscita no alumnado deste centro a lingua galega, e a valoración positiva de alumnado e profesorado nos meus intentos de comunicarme en lingua portuguesa. O profesorado do departamento de lingua inglesa ao que acompañei permitiume non so asistir ás súas sesións, senón tamén participar activamente co alumnado en varias actividades comunicativas en inglés.

Dende o centro fomentouse que ampliara o meu coñecemento da lingua e cultura portuguesa invitándome a actividades realizadas na escola para profesorado e alumnado (por exemplo a participar no xogo de Pickleball) e facilitando información sobre actividades culturais que puiden realizar unha vez rematada a xornada no centro educativo, en Matosinhos e en O Porto.

Sexa como for, quero agradecer aos compañeiros e compañeiras da Escola Secundária Augusto Gomes polo trato recibido, en especial a Sandra Gomes, adjunta de direçao, que facilitou todo o proceso previo á estadía e fixo de enlace co resto dos compañeiros e compañeiras mentres estiven alí. E tamén agradecementos para os coordinadores Erasmus+ do IES San Clemente, en especial a Carlos Doval pola súa paciencia comigo en todo o proceso.

Para rematar, quero animar ao profesorado que teña en mente participar nunha experiencia semellante, xa que ao meu parecer é unha experiencia que merece a pena vivir a nivel persoal e profesional.

Aula de inglés
Biblioteca do centro
Aula de xogos do centro educativo
Castelo du Queijo, matosinhos
Igrexa do Bom Xesús, Matosinhos
Ribeira, O porto
Casas típicas, o porto
Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Job Shadowing na Escola Secundária Cacilhas-Tejo

More Related Articles

Miña experiencia en Data4You Job Shadowing
Ate Já Porto! Job Shadowing
Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3) Job Shadowing
Job Shadowing na Escola Secundária Cacilhas-Tejo Job Shadowing
Curso sobre la FP finlandesa en Porvoo (Finlandia) Job Shadowing
Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1) Job Shadowing

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Xuño 2026
  • Maio 2026
  • Abril 2026
  • Febreiro 2026
  • Decembro 2025
  • Novembro 2025
  • Setembro 2025
  • Xuño 2025
  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • ESP-Compostela
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT
  • IT-Lecce
  • IT-Milan
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento
  • SLO-Maribor

Artigos recentes

  • Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos
  • Job Shadowing na Escola Secundária Cacilhas-Tejo
  • Visita à ESTG P. Porto
  • Job Shadowing na BaseTX
  • Mi experiencia en Taranto

Comentarios recentes

  1. admin en Como fue nuestro trabajo en la empresa Jans.It
  2. admin en Erasmus FCT en Oporto – Ocio
  3. Carlos en Erasmus FCT en OPorto – Busqueda de piso
  4. vence en FCT en Milán : Watchfit
  5. Jesus en Estagio na WDMI

Copyright © 2026 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme