Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing na Escola Secundária Cacilhas-Tejo

Posted on 27 Maio, 202627 Maio, 2026 By admin Non hai comentarios en Job Shadowing na Escola Secundária Cacilhas-Tejo

Recentemente tiven a oportunidade de participar nunha mobilidade Erasmus+ de aprendizaxe por observación (Job Shadowing) na Escola Secundária de Cacilhas-Tejo, en Portugal, como coordinador de proxectos europeos do IES San Clemente. Durante unha semana puiden coñecer de preto o funcionamento deste centro educativo portugués, compartir experiencias co profesorado e descubrir novas metodoloxías de ensino que resultaron moi enriquecedoras tanto a nivel profesional como persoal.

A estancia comezou cunha cálida recepción do equipo directivo do centro e da profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Sónia Estronca, colaboradora tamén nos proxectos Erasmus+. Nas primeiras reunións explicáronme como se organiza o sistema educativo portugués, a escola e puiden visitar as distintas instalacións coa que esta conta. Desde o primeiro momento chamoume a atención a gran cantidade de persoal docente e de apoio que ten esta escola e a importancia que lle dan ao traballo práctico e experimental nas disciplinas científicas.

Ao longo da semana asistín a numerosas aulas de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e tamén a diferentes cursos profesionais. Un dos aspectos que máis me interesou foi observar como o alumnado participa activamente nas clases mediante actividades prácticas, traballo cooperativo e proxectos interdisciplinares.

Nunha das sesións de Física e Química, por exemplo, o alumnado realizaba prácticas de laboratorio medindo a voltaxe e intensidade de pilas novas e usadas para posteriormente interpretar os datos obtidos mediante gráficas e regresións lineais. Ademais, chamoume a atención que todos os estudantes utilizan bata no laboratorio e empregaban calculadoras programables, as cales contan cun “modo exame”, deseñado para evitar o acceso a anotacións durante os exames.

Tamén resultou moi interesante coñecer o funcionamento dos cursos profesionais portugueses. No ciclo de auxiliar de dentista observei unha actividade na que o alumnado debía explicar o proceso da mitose relacionándoo coa saúde bucodental. Cada grupo escollía libremente o formato da presentación: desde pósters tradicionais ata animacións stop-motion elaboradas con plastilina. Parecéronme propostas moi creativas que favorecen a motivación do alumnado e o desenvolvemento de competencias prácticas e comunicativas.

Outro aspecto que me pareceu especialmente relevante foi a coordinación entre o profesorado. No departamento de Bioloxía e Xeoloxía, por exemplo, os exames son elaborados de maneira colaborativa para todos os grupos dun mesmo nivel educativo, garantindo criterios de avaliación comúns e unha maior homoxeneidade.

Durante a mobilidade tamén tiven ocasión de reunirme co equipo da biblioteca escolar, que realiza unha importante labor educativa e cultural en colaboración coa comunidade local. Ademais das actividades de promoción da lectura, organizan charlas e obradoiros en colaboración con centros de saúde e outras entidades da zona, integrando a escola no seu contorno social.

Un dos momentos máis produtivos da estancia foi a reunión final sobre os proxectos Erasmus+, na que puidemos falar de futuras colaboracións entre ambos centros. Compartimos ideas para posibles mobilidades de alumnado e profesorado, especialmente no ámbito da informática e das prácticas formativas en empresas, abrindo novas posibilidades de cooperación internacional para os próximos cursos.

Esta experiencia confirmoume, unha vez máis, o enorme valor das mobilidades Erasmus+ como ferramenta para aprender doutras realidades educativas, compartir boas prácticas e establecer redes de colaboración europea. Regreso desta experiencia con novas ideas, contactos e iniciativas que, sen dúbida, contribuirán a seguir fortalecendo a dimensión internacional do IES San Clemente.

Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Visita à ESTG P. Porto
Next Post: Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

More Related Articles

Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3) Job Shadowing
Ate Já Porto! Job Shadowing
Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (1) Job Shadowing
Estadía en Vantaa Vocational College Varia Job Shadowing
Estadía en 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education. Laboratorios. Job Shadowing
Job Shadowing en Montauban Job Shadowing

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Xuño 2026
  • Maio 2026
  • Abril 2026
  • Febreiro 2026
  • Decembro 2025
  • Novembro 2025
  • Setembro 2025
  • Xuño 2025
  • Maio 2025
  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • ESP-Compostela
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT
  • IT-Lecce
  • IT-Milan
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Covilhã
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento
  • SLO-Maribor

Artigos recentes

  • Prácticas Erasmus en Covilhã
  • As miñas prácticas na Rato ADCC
  • A nosa experiencia vivindo 3 meses en Oporto
  • Prácticas Erasmus WDMI
  • Job Shadowing na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos

Comentarios recentes

  1. admin en Prácticas Erasmus en Covilhã
  2. admin en As miñas prácticas na Rato ADCC
  3. admin en Como fue nuestro trabajo en la empresa Jans.It
  4. admin en Erasmus FCT en Oporto – Ocio
  5. Carlos en Erasmus FCT en OPorto – Busqueda de piso

Copyright © 2026 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme