Skip to content
EixoTIC

EixoTIC

Mobilidades Erasmus+

  • Inicio
  • Instrucións
  • Guías
  • Artigos por data e categoría
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Job Shadowing en Lisboa

Posted on 12 Maio, 202315 Maio, 2023 By candujar 2 comentarios en Job Shadowing en Lisboa

A miña experiencia neste Job Shadowing en Lisboa estivo enfocada, principalmente, na empresa multinacional Teleperformance, a cal xa ten colaborado co noso centro, aínda que este Erasmus+ permitiume coñecer de primeira man como é o funcionamento da mesma e reforzar as relacións para futuras colaboracións de prácticas de estudantes.

O edificio que se pode ver ao fondo da imaxe co letreiro de Teleperformance é o edificio Marconi e que a empresa denomina o City Center. Todo o edificio é da empresa. Posúe outro na cidade de Lisboa e 4 no Parque das Nacións, entre eles o edificio Atlántico. Tal e como comentaba, é unha compañía moi grande que ten sedes noutros países, tamén en España e preto de nós, en A Coruña.

O primeiro que me chamou a atención foi que lles sorprendeu a Formación Profesional que existe no noso sistema educativo, xa que no sistema educativo portugués non se contempla, curiosamente tamén lles sorprendeu que fose de balde. CURIOSO, NON??

No City Center posúen un hub learning para formar ao persoal propio e incluso un servizo médico. Tamén dispón dunha cafetería e un comedor cun menú de 2,5€.

Esta foto non é que se me colara, é tomada nunha localidade preto de Lisboa e lembroume aos edificios de Teleperformance, distribuídos en planta baixa, primeiro andar, segundo andar….. e ático. Moi xerárquico, ao igual que os distintos departamentos da empresa.

A compañía adícase á venda e soporte de servizos de todo tipo, sendo un dos seus principais negocios os produtos de Google ADS. Aquí vos deixo unhas fotos do City Center por dentro. No taller hai moito trafego, xa que con tantos postos de traballo é preciso ensamblar e configurar os ordenadores para substitución, para novos postos, para actualizacións ou reparacións, etc.

Pode ser unha boa opción para unha estadía de prácticas.

Por outra banda, visitei outra institución, Lispolis, que se trata dun Polo Tecnologico e que alberga case 130 empresas, maioritariamente tecnolóxicas. Esta sita un pouquiño mais arriba do estadio da Luz do Benfica e comprende un montón de parcelas e edificios onde se ubican as distintas empresas, algunhas delas dun tamaño importante. Nesta institución, posúen un Forum Tecnologico e un viveiro de empresas no edificio LOTE 01. Fixádevos nos carteis, xa que se pode ver que hai edificios ata o LOTE 26.

Na seguinte ligazón pódense ver as empresas que compoñen o Polo Tecnologico de Lispolis:

Empresas

Unha das empresas que se ubica no viveiro de empresas de Lispolis, edificio LOTE 01, é SEA.AI. Xa tivo algunha colaboración co noso centro e realicei unha visita ás súas instalacións. É unha empresa nova e composta por xente nova de varias nacionalidades e que se adican á Intelixencia Artificial. Son de 8 a 10 persoas traballando en Lisboa, pero aprézase moita enerxía e motivación. Actualmente forman parte dun grupo que ten sedes noutros países; Austria, Francia e EEUU. Amosouse disposta a acoller alumnado en prácticas e tamén pode ser unha experiencia interesante.

Conclusión

Para quen non coñeza Lisboa, resulta unha cidade que merece moito a pena, animada e culturalmente rica de día…………. e de noite e con boas oportunidades para realizar as prácticas, ao mesmo tempo que melloramos a nosa competencia na lingua portuguesa. Tampouco podemos esquecer que estamos a falar da Cidade da Luz, cun clima marabilloso. Os maiores inconvintes son o aluguer de vivenda e os soldos, os cales melloraron nos últimos tempos pero seguen a ser baixos. Pola contra, o día a día é relativamente barato, pódese gozar da boísima gastronomía a prezos razoables.

Job Shadowing

Navegación de entradas

Previous Post: Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (4)
Next Post: Visita a Digital Works, en Évora

More Related Articles

Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5) Job Shadowing
Visita Gompute Job Shadowing
Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (4) Job Shadowing
Job Shadowing no ITS ITC Piemonte (2) Job Shadowing
¿Cómo ir a otro país a trabajar? Mi experiencia en Irlanda e Inglaterra como programador Job Shadowing
Bologna, a cidade vermella Job Shadowing

Comments (2) on “Job Shadowing en Lisboa”

  1. Marcos di:
    12 Maio, 2023 ás 10:05

    A Teleperformance, ten moi boa pinta. Seguro que o alumnado queda encantado facendo as estadías ali. Estou de acordo contigo que Lisboa é unha cidade que merece a pena visitar.
    Grazas.

    Responder
  2. Eva Pereira Loira di:
    15 Maio, 2023 ás 09:04

    Grazas por compartir con nós a túa experiencia. Impresionantes as fotos. Tamén o prezo de menú.

    Responder

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Histórico

  • Marzo 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Novembro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022

Categorías

  • AL-Freiburg
  • AL-Leipzig
  • FR-Montauban
  • Incoming
  • IRL-Dublin
  • IT-Lecce
  • IT-Pescara
  • IT-Roma
  • Job Shadowing
  • PO-Olsztyn
  • PT-Braga
  • PT-Évora
  • PT-Lisboa
  • PT-Matosinhos
  • PT-Porto
  • PT-Viana
  • RC-Prague
  • Seguimento
  • Seguimento

Artigos recentes

  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (e 5)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (4)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (3)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (2)
  • Job Shadowing no ITS INCOM Academy (1)

Comentarios recentes

  1. Mariano en A miña experiencia en Malta
  2. Mariano en A miña experiencia nunha empresa de Malta
  3. admin en Crónicas dun galego en Praga
  4. Mariano en Miña experiencia en Data4You
  5. lmartinez en O noso tempo libre no Porto

Copyright © 2025 EixoTIC.

Powered by PressBook Blog WordPress theme